Proxectos gamificados a medida para institucións | Escapeo

Proxectos gamificados personalizados

Deseñamos proxectos de Escape Room ao aire libre chave en man

Promovemos a cultura, a natureza e o patrimonio de calquera lugar.

Cóntanos a tua idea

Incluye…

Deseño de escape rooms

Creamos escape rooms ao aire libre personalizadas adaptadas ao teu territorio e obxectivos.

Xestión e marketing dixital

Encargámonos da promoción e marketing dixital do proxecto.

Inscrición e seguimento

Xestionamos as inscricións e facemos un seguimento de todos os participantes.

Notas de prensa e carteis

Creamos material de comunicación e difusión para o evento.

Promoción post-evento

Continuamos coa promoción despois do evento para maximizar o impacto.

Vantaxes de Escapeo

Eventos turísticos e culturais a medida para grupos grandes.

Creamos experiencias en calquera contorna do territorio.

Podemos difundir calquera historia que te interese promocionar.

Axudámosche a deslocalizar o turismo.

As nosas actividades poden formar parte do catálogo da túa oficina de turismo.

Dinamizamos o territorio rural.

Deseñamos proxectos adaptados ás túas necesidades e obxectivos.

Queredes ver como funciona antes de decidilo?

Proba a nosa demostración gratuíta e descubre como podemos gamificar o teu municipio, museo ou espazo único.

Iniciar demo

Máis detalles

Respondemos a preguntas comúns sobre prazos, formatos, licenzas para usar o espazo público e o que necesitas ter listo antes do lanzamento.

Ver Preguntas máis frecuentes

Se buscas unha proposta a medida, un ámbito diferente ou datas concretas, falamos e orientámoste sen obrigas.

Contacto para máis información

Algúns dos nosos proxectos

Unha pequena mostra do noso traballo.

Xogal, unha experiencia turística para promocionar o medio rural.

Xogal transformou o patrimonio rural nunha experiencia participativa que conectou persoas, territorio e cultura a través do xogo. Promovido en colaboración cos GDR Montes e Vales Orientais, Terras de Miranda, Terra Chá e Seitura 22. Un proxecto desenvolvido en 10 concellos galegos para atraer visitantes, dinamizar a contorna e xerar novas formas de descubrir o rural.

Unha gran forma de demostrar que o turismo non só existe nas cidades.

+ 1.500 total de persoas nas actividades
+ 300 participantes nunha soa xornada
+ 292.000 reproducións nas redes sociais
+ 6.200 usuarios web en menos de dous meses
Ver web

Eureka, un reto rural para descubrir o territorio

Eureka transformou o xeodestino Galicia Suroeste nun gran percorrido interactivo a través dunha escape room dixital distribuída en 14 concellos. O proxecto, impulsado polo GDR Galicia Suroeste, puxo en valor a historia, o patrimonio e a identidade local a través de retos deseñados para descubrir o territorio de forma activa e participativa.

A experiencia reuniu a milleiros de participantes ao longo do seu desenvolvemento e demostrou o potencial do xogo como ferramenta para dinamizar o turismo de proximidade, reforzar o vínculo coa contorna e conectar comunidade e visitantes.

Unha iniciativa colaborativa que converteu o territorio nunha aventura compartida.

Saber máis